Logo Eleccións 2020
Logo da Xunta de Galicia

Voto das persoas electoras residentes permanentemente no estranxeiro (CERA)

AMPLIACIÓN DE PRAZOS (Acordo 73/2020 da Xunta Electoral Central)

Electores/as

Poderán votar desde o estranxeiro os/as electores/as inscritos a día 1 de marzo de 2020 no Censo de residentes ausentes que vivan no estranxeiro de forma permanente.

Procedemento:

Encher o impreso oficial de solicitude do voto. Este impreso dirixido á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral (DPOCE) pódese obter:

Unha vez enchido o devandito impreso achegarase a este, fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou pasaporte ou, na súa falta, certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular expedidos polo Consulado de España no seu país. A dita solicitude enviaraa por fax, por correo ou vía internet á DPOCE correspondente ata ó 16 de xuño (prazo ampliado polo Acordo 73/2020), procurando facelo canto antes. En relación co envío da citada solicitude por internet o procedemento de envío explícase na Resolución da OCE de 9 de marzo de 2015.

Recibida a citada solicitude na DPOCE, esta remitiralle por correo certificado, ata o 22 de xuño (naquelas provincias onde se impugnou algunha candidatura farase antes do 30 de xuño) ao domicilio da cidade que figure no Censo electoral de residentes ausentes no estranxeiro (CERA):

  • As papeletas e o sobre de votación
  • 2 certificados idénticos de inscrición do electorado no CERA
  • Un sobre co enderezo da Xunta Electoral correspondente que realizará o escrutinio.
  • Un sobre co enderezo da Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática da que estean inscritos.

Unha vez recibida a documentación, os/as electores/as teñen dúas posibilidades para exercer o seu dereito a voto.

  • Por correo ao Consulado, remitindo o sobre dirixido á Xunta Electoral competente para o seu escrutinio, por correo certificado ata o sábado 11 de xullo (prazo ampliado en virtude do acordo 73/2020).
  • Depositando o seu voto en urna, entregando persoalmente sóbrelos na oficina consular na que están rexistrados. Para este caso, o prazo (que de acordo ao artigo 75.5 LOREG sería entre o cuarto e segundo día, ambos inclusive, anteriores ao día da elección), o prazo estendeuse ata as 20 horas (horario peninsular) do domingo 12 de xullo, en virtude do mencionado acordo 73/2020 da Xunta Electoral Central.

En ambos os supostos será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre remitido á Xunta Electoral Provincial un cuño ou outra inscrición oficial da Oficina de Correos do Estado que certifique, de modo indubidable,  o cumprimento do requisito temporal.

Tamén é requisito indispensable, que no sobre que se remite á Xunta Electoral Provincial, se engada unha fotocopia do pasaporte ou do documento nacional de identidade (DNI), expedidos polas autoridades españolas, ou na súa falta, unha certificación de nacionalidade expedida polo Consulado de España no país de residencia.

O día do escrutinio xeral, e antes de que se faga, a Xunta Electoral competente correspondente constitúese en mesa electoral, ás oito horas da mañá, cos/as interventores/as que para tal efecto designen as candidaturas concorrentes.

A continuación, o seu presidente/a procederá a introducir na urna ou urnas os sobres de votación dos residentes ausentes recibidos até ese día, e o/a secretario/a anota os nomes dos/as votantes na correspondente lista. Acto seguido, a Xunta escruta todos estes votos e incorpora os resultados ao escrutinio xeral.

 

 

Se estás inscrito/a no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) e te atopas en España durante as eleccions, non poderás votar aquí en urna, pero si poderás facelo por correo: deberás solicitar o voto nunha oficina de Correos (entre o 19 de maio e o 2 de xullo)

Unha vez recibida a documentación, deberás achegarche de novo a unha oficina de Correos para depositar o teu voto ata o 10 de xullo (nos horarios habituais de apertura das oficinas de Correos e como máxio ata as 14 horas), prazo ampliado en virtude do Acordo 74/2020 da Xunta Electoral Central.

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Pode obter máis información pulsando aquí