Logo Eleccións 2020
Logo da Xunta de Galicia

Apoderados e interventores

  • Que é un/unha apoderado/a?

    Os/As representantes de cada candidatura poden outorgar poder a favor de calquera cidadán/cidadá, maior de idade e que se ache en pleno uso dos seus dereitos civís e políticos, ao obxecto de que ostente a representación da candidatura nos actos e operacións electorais. Trátase do/da apoderado/a.

    Poden acceder libremente a todos os locais electorais, examinar o desenvolvemento da votación e do escrutinio en calquera mesa, formular reclamacións e protestas e pedir certificacións.

    Os/As apoderados/as, se non hai interventores/as da súa candidatura, poden actuar como tales ante a mesa, participando nas súas deliberacións con voz e sen voto.

    Os/As apoderados/as deben identificarse como tales exhibindo as súas credenciais e o seu documento nacional de identidade ás persoas integrantes da mesa.

    Os/As apoderados/as non votan na mesa se non figuran no censo desta.

  • Que fai un interventor?
    O/A representante de cada candidatura pode nomear, até tres días antes da elección, dous/dúas interventores por cada mesa electoral, mediante a expedición de credenciais talonarias, coa data e firma ao pé do nomeamento.

    Poden asistir á mesa e participar nas súas deliberacións con voz pero sen voto. A estes efectos, os/as interventores/as de cada candidatura acreditados/as ante a mesa poden substituírse entre si.

    Desempeñan a súa función só na mesa ante a que están acreditados/as.

    Poden formular reclamacións e protestas e pedir certificacións.

    Votan na mesa ante a que están acreditados/as, aínda que non estean incluídos no Censo electoral desta, a condición de que figuren inscritos no censo da circunscrición correspondente a esa mesa. En caso contrario, só poderán votar por correo na mesa en cuxo censo figuren inscritos.

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Pode obter máis información pulsando aquí