Dietas e cobertura da Seguridade Social
Axudas de custo
As persoas integrantes das mesas electorais cobrarán unha axuda de custo polo desempeño das súas funcións.
Se algún dos suplentes ten que desempeñar a función por ausencia do titular, terá dereito ao permiso retribuído e á redución da xornada, así como á axuda de custo. Non procederá a concesión dos devanditos dereitos se o suplente non chega a ocupar o seu posto na mesa electoral.
Cobertura da Seguridade Social
As persoas integrantes das mesas electorais considéranse durante o exercicio da súa función como asimilados/as traballadores por conta allea do réxime xeral da Seguridade Social para a continxencia de accidentes de traballo.